O SELO

©PEIXE DA LONXA DA CORUÑA é unha iniciativa conxunta tanto do Concello da Coruña como da propia Fundación FREMSS e coa inestimable axuda da entidade concesionaria da lonxa de

A Coruña.

PRESENTACIÓN DO SELO

Non cabe dúbida que A Coruña é unha cidade de pescadores e que a pesca é un sector estratéxico para a cidade polos case 10.000 empregos directos e indirectos que se derivan da nosa actividade e polas achegas que fan os nosos pescadores a unha das lonxas mais importantes de Europa de alimentos prémium, saudables e sostibles.

Pero é que ademais do impacto social e económico evidente, somos parte da historia da cidade e, por suposto, unha marca de identidade, o nome de Coruña vencellado a produtos pesqueiros vende por si só en todas as partes do mundo. 

E por todo isto que por iniciativa conxunta tanto do Concello da Coruña como da propia Fundación FREMSS e coa inestimable axuda da entidade concesionaria da lonxa da Coruña, era necesario visualizar esta riqueza que ás veces pasa desapercibida ós propios coruñeses.

Trátase en definitiva co selo ©PEIXE DA LONXA DE CORUÑA de impulsar e salientar as boas prácticas desenvolvidas nas distintas fases de comercialización  dos produtos pesqueiros por todos os usuarios (pescadores, directores da poxa, exportadores, comerciantes polo miúdo, etc..), auténticos profesionais e expertos especialistas na manipulación dos produtos pesqueiros  e cuxos servizos de comercialización levan prestando na Lonxa da Coruña desde hai máis de 100 anos.

Un proxecto que non tería sido posible materializar sen o impulso dado pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e sen o apoio do Concello da Coruña, e que sen dúbida é un fito na historia do porto coruñés.

Proporciona emprego a preto de 10.00 familias, involucrando unha gran diversidade de empresas vinculadas a este sector (extractivo, comercializador, loxístico, etc…).

En definitiva con este selo distintivo que leva ó nome ©PEIXE DA LONXA DE CORUÑA conseguiremos que se perciba nos diferentes ámbitos o seguintes valores e cualidades:

Cualidade:

As boas prácticas empregadas durante os procesos de manipulación dos produtos pesqueiros na Lonxa da Coruña permiten maximizar a súa calidade e garantir as súas condicións hixiénico-sanitarias para dar maior seguridade alimenticia, destacando a frescura, a orixe salvaxe e a gran diversidade e variedade das especies comercializadas.

Proximidade:

Apostando por circuítos de comercialización curto que tanto contribúen a reducir a pegada de carbono e ao mantemento ambiental do planeta, cunha gran afluencia de compradores desta cidade.

Sustentabilidade :

Sustentabilidade no emprego e cohesión económica e social na nosa cidade. A lonxa, é un dos motores industriais que temos na Coruña, xerando importantes sinerxías entre empresas locais e favorecendo o mantemento do tecido industrial da cidade.e ao mantemento ambiental do planeta, cunha gran afluencia de compradores desta cidade.

Boas prácticas:

Na nosa Lonxa operan excelentes profesionais do peixe, como moitos anos de experiencia, que contribúen enormemente a que os produtos comercializados desde A Coruña cheguen en óptimas condicións ao consumidor final.

Sector primario:

É unha aposta pola promoción e o mantemento dun estratéxico sector primario na nosa cidade, o pesqueiro, e que, ademais, é unha fonte renovable de alimento, xestionada baixo a política pesqueira comunitaria baixo os parámetros de sostenibilidade e conservación do ecosistema mariño, e que nos permite contribuír á soberanía alimentaria en Galicia e en España. 

Saudable:

E unha aposta por mellorar a saúde dos coruñeses, dado os grandes beneficios derivados do consumo dos produtos pesqueiros, rico en proteinass, minerais, aceites saudables, etc… e cuxa inxesta se aconsella desde as administracións sanitarias. Unha reivindicación da nosa Dieta Atlántica e os seus beneficios para o benestar social da nosa poboación.

Turismo:

Un atractivo turístico para aqueles visitantes que veñen á nosa cidade. Ver o mar, os barcos de pesca, a lonxa, a gran variedade de produtos pesqueiros que hai nos nosos mercados e disfrutar da rica gastronomía que ofrecen os distintos establecementos de esta cidade e da nosa comarca . Anualmente recibimos a visita de preto de 2.000 nenas e nenos de centros escolares da comarca así como outras visitas da xente que ven a coñecer a cidade.