O peixe da Lonxa da Coruña é un produto recoñecido e recoñecible, que coloca o nome da nosa cidade como marca de calidade e excelencia en todo o mundo. Un motivo de orgullo para todos, que representa o mellor da nosa historia e que constitúe un motor socioeconómico fundamental, sostible e preparado para afrontar os retos futuros.
Un produto de proximidade, fonte de saude e sostible.

A CORUÑA é unha cidade de pescadores,
na que a pesca como sector estratéxico
move preto de 10.000 empregos directos
e indirectos.
A Lonxa da Coruña, unha das máis
importantes de Europa, fornece cada
día alimentos de calidade, saudables e
sostibles. Forma parte da nosa historia e
representa a A Coruña en todo o mundo.
Un tesouro a coidar e conservar

EMPREGO

A Lonxa da Coruña proporciona Emprego de forma directa e indirecta a preto de 10.000 familias, involucrando unha gran diversidade de empresas vinculadas a este sector (extractivo, comercializador, loxístico, etc…) da nosa cidade.

SAÚDE

Os Peixes e Mariscos da Lonxa da Coruña
son unha aposta por mellorar a saúde da
poboación dado os grandes beneficios
derivados do consumo dos produtos
pesqueiros. Os produtos do noso mar son
ricos en proteínas, vitaminas, minerais e
graxas saudables (Omega 3). Ademais, ten
poucas calorías, e o seu consumo frecuente
protexe o corazón e o sistema circulatorio
contra enfermidades cardiovasculares, pode ter tamén efectos antiinflamatorios, fomenta o desenrolo do ton muscular e potencia a axilidade mental.
Unha reivindicación da nosa Dieta Atlántica e os seus beneficios para o benestar social da nosa poboación mellorando a sua calidade de vida

COMERCIO DE PROXIMIDADE

A Lonxa da Coruña representa unha aposta pola promoción e o mantemento do sector primario na nosa cidade, o pesqueiro, que é un dos nosos principais motores industriais, xerando importantes sinerxías entre empresas locais e favorecendo o mantemento do tecido industrial da cidade.
Este modelo baséase en circuítos curtos de
comercialización que poñen no centro o comercio de proximidade da cidade e das súas poboacións limítrofes. Coidando da economía, pero tamén do medio ambiente e o cambio climático, reducindo a pegada de carbono (a pesca é un dos sectores primarios de alimentos con menor pegada de gases contaminantes)

TURISMO

A Lonxa da Coruña e o mundo do mar en xeral son un atractivo turístico para os visitantes da nosa cidade para gozar da sua gastrotomía e da cultura mariñeira. Ver o mar, os barcos de pesca, a lonxa e a gran variedade de produtos pesqueiros nos distintos puntos de venta, convértese en lembranzas inesquecibles